domingo, 21 de junho de 2015

Luar Na Lubre
Thumbnail of Luar na LubreThumbnail of Luar na LubreThumbnail of Luar na Lubre
Album cover for Lo mejor de Luar na LubreAlbum cover for SolsticioAlbum cover for Hai un paraiso
O Grupo
No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña converténdose co paso dos anos e o seu teimoso traballo nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita na Galiza.
O traballo que desenrola a banda está enfocado dende a óptica de entender que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito á diferenza enriquecedora do pobo galego. O grupo pretende que na Galiza predomine a súa cultura aínda que non rexeita influenzas que melloren a súa proposta sen deturpar o carácter central do seu proxecto.
O proxecto baséase fundamentalmente nas músicas de raíces galegas polo que dedican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias.

Concertos e Mike Oldfield
LUAR NA LUBRE é hoxe en día a banda máis internacional da Galiza así pois dende Palestina a Canadá e dende Arxentina a Alemaña levan percorrido parte do planeta levando a cultura e a música da nosa terra a través da súa proposta.
No ano 1992 coñeceron ao músico británico Mike Oldfield para o cal ofreceron un concerto privado nunha coñecida sala de concertos coruñesa. Dese improvisado concerto saiu unha amizade que aínda perdura e que se traduciu nunha relación que levou a Mike a facer unha versión de "O SON DO AR" composición de Bieito Romero, un dos temas máis emblemáticos de Luar Na Lubre e título do que no 1988 foi o seu primeiro L.P. Mike incluíuno no seu C.D. "Voyager" (1996) como tema 1.
Isto foi determinante na carreira de Luar Na Lubre sendo un gran impulso á súa proposta que medrou cando o propio Mike os convidou no 1999 a realizar a xira "Then & Now" por diferentes cidades do estado con grande éxito e confirmándose como grupo "revelación".

Recoñecementos e premios 
O grupo leva vendidas máis de 300.000 copias dos seus traballos, sendo "Plenilunio" e "Cabo do mundo" discos de ouro consecutivos por superar as 50.000 copias vendidas.
Entre os premios e os recoñecementos recibidos destacamos os seguintes:
Premio Ideal ao mellor grupo de folk da Galiza outorgado polo diario "El ideal Gallego"
2 premios Luar outorgados polo programa "LUAR" da TVG pola mellor traxectoria profesional e polo mellor tema galego.
9 premios da música concedidos pola SGAE e pola "Academia de las artes y las ciencias de la música" - 1 por Mellor Canción Novas músicas por "Tu Gitana".
- 1 por mellor álbum de Novas músicas por "Cabo do Mundo".
- 5 por mellor canción en galego:
- "Chove en Santiago"
- "Camariñas"
- "Devanceiros"
- "Hai un paraiso"
- "Canto de andar"
-Premio á promoción cultural da cidade da Coruña outorgado pola Comisión de fogueiras de San Xoán.
-Premio de Audiovisuais galegas "Mestre Mateo" pola música do seu D.V.D "Un bosque de músicas".
-2 por mellor álbum de música tradicional por "Camiños da fin da terra" e "Ao vivo" 


Historia recente
Entre as xiras por Galiza, España e mundo, no ano 2004 e dirixida por Ignacio Vilar, LUAR NA LUBRE gravou o seu primeiro DVD onde se recolle parte da súa traxectoria e vivencias. Unha experiencia magnífica onde se combinan as paisaxes do noso país, a música do grupo e as anécdotas persoais de cada un dos seus membros.
Tras a estela de Ana Espinosa e Rosa Cedrón, chegou a doce e persoal voz da lisboeta Sara Vidal, que confirmou un aporte de frescura e nitidez á esta etapa da banda; coa que gravou, dende a súa incorporación no ano 2005, 4 CDs como vocalista: "Saudade", "Camiños da fin da terra", "Ao vivo" e "Solsticio".
2011 é o ano no que Luar Na Lubre celebra o seu XXV aniversario:  12 traballos discográficos, 9 deles editados por Warner España, máis de 300.000 discos vendidos, 2 discos de ouro, 9 Premios da Música e 1.000 conciertos en máis de 23 países confirman a Luar Na Lubre como a proposta musical máis consistente i estable de Galicia.
Neste ano 2011, Luar Na Lubre é embaixador musical da súa terra realizando máis de 35 concertos e levando a marca “Galicia” polos mellores teatros e festivais do estado cun éxito máis que notable.
Agora, a banda reemprende unna nova xeira na que presentará por diversos escearios a Paula Rey, a nova voz que sustitúe á da lisboeta Sara Vidal. Unha voz carregada de matices e de enerxía que combinada coa riqueza instrumental i estilística da banda, non deixará indiferente a ninguén. 

Source: Luar Na Lubre

Watch and listen the videos: Galiza cidade única (full
concert), Hai Un Paraíso (full concert), Tu Gitana
Canteixere, Memoria da Noite, O Son do Ar, Mike
Oldfield y Luar na Lubre,Chove en Santiago, Britonia,
Romeiro ao Lonxe, Chove en Santiago (ao vivo),
Espiral, Leabhar Gabhála,Os Animais,La Muixeranga,
Canto de andar,Sol de outono,Cantigas de Alfonso X,
Luar na Lubre & Orquesta Sinfónica de Galicia, Terra,
Desterro, Camariñas, Sereas, O Son do Ar (ao vivo),
O Son das Augas, Ronsel, Galaecia,Memoria da Noite, Ven Bailar Carmiña, Pandeirada das fiandeiras, Costa
da morte,Gran Sol,El Derecho de Vivir en Paz, Canto
de andar, Axeitame a Polainiña and Meighallo.

Nenhum comentário:

Postar um comentário